martes, 24 de marzo de 2009
viernes, 13 de febrero de 2009
SOMOS PIRATAS
OLA, BOS DÍAS A TODOS E TODAS
Nós somos os Piratas
Patas de Latas,
imos na procura do tesouro,
queremos atopar moito ouro.
Zarparemos canto antes
nos nosos barcos elegantes,
pero como non hai vento
remaremos tan contentos.
No camarote a tripulación
decide cantar unha canción,
e como vai moito frío
saltamos todos con moito brío.
Atopamos outro barco Pirata
isto é ter mala pata,
loitamos cos nosos inimigos
pero deseguida facémonos amigos.

O noso barco ten un burato
debeu de ser un rato,
e como ninguén nos pode axudar
teremos que achicar.
Xa chegamos á illa
isto é una marabilla,
baixamos con moito coidado
pois non é nada doado.
Co mapa e moita atención
atoparemos a solución,
o cofre está agochado
atoparémolo nalgún lado.
Subimos unha pequena montaña
para iso temos moita maña,
vamos todos moi xuntiños
cantando coma os paxariños.

Co noso tesouro atopado
marchámonos cara outro lado.
Xa nos cansamos de brincar,
imos todos descansar.
Etiquetas:
conto motor,
Educación Física,
Educación Infantil
martes, 27 de enero de 2009
Preparamos un conto motor
Os leóns e leoas do noso colexio están a preparar un conto motor, para iso precisan unhas flores, unhas tristes e outras contentas, que xa están a elaborar.
martes, 13 de enero de 2009
Queremos xogar ó baloncesto

Os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo comezaron
unha nova unidade didáctica onde realizarán
xogos e actividades relacionadas co baloncesto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)